O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para anotarse gratuitamente nas primeiras xornadas para a ABORDAXE INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO coordinadas pola Concellería de Muller e nas que colabora a Secretaría Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia.
O curso está dirixido a profesionais do ámbito sanitario, educativo, xudicial, policial e social. Poderán asistir todas aquelas persoas interesadas na igualdade e a violencia de xénero: persoal político, persoal técnico da administración local, estudantes, asociacións, etc.
As xornadas desenvolveranse os días 24 e 25 de febreiro no Multiusos de Arcade, xoves de 16:00h a 20:45h e o venres de 09:00h a 14:10h. O prazo de inscrición xa está aberta epecharase o martes 22 de febreiro. A inscrición é gratuíta e poderédela realizar enviando un correo electrónico a cim@soutomaior.es, chamando ao 986 70 12 27 ou entregando a ficha de inscrición persoalmente no Multiusos de Arcade (C/ Peirao nº8). Certificarase a asistencia das persoas ás xornadas. Para máis información fai click aquí CONCELLERÍA DE MULLER DE SOUTOMAIOR
Para acceder á FICHA DE INSCRICIÓN pincha AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario