Santiago de Compostela, 03 de xullo de 2011
Enmárcanse nunha partida total de 460.000 euros do departamento para favorecer a realización de programas sobre igualdade no sistema universitario galego e nos organismos públicos de investigación. O primeiro dos cursos, 'Violencia de xénero e dereito do traballo', terá lugar os días 7 e 8 na Facultade de Dereito de Santiago.
O vindeiro 7 de xullo comeza o calendario de cursos universitarios de verán sobre temáticas relacionadas coa igualdade, subvencionados pola Secretaría Xeral da Igualdade no marco dunha liña de apoio á execución de programas e investigacións que analicen e introduzan a perspectiva de xénero no sistema universitario galego.
Os catro cursos de verán subvencionados por Igualdade contan cunha axuda de 22.200 euros e estarán adicados á 'Violencia de xénero e dereito do traballo', 'Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: educar para a igualdade de trato', 'A muller e os fluxos migratorios en Galicia: educación e desenvolvemento social' e 'Política social europea e inclusión social: os valores en tempos de crise'.
O primeiro dos cursos será os días 7 e 8 de xullo na Facultade de Dereito de Santiago, organizado pola USC, baixo o título 'Violencia de xénero e dereito do traballo'.
Despois, o curso 'Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: educar para a igualdade de trato', da USC, impartirase do 19 ao 22 de xullo no Auditorio Municipal do Concello de Lalín (Pontevedra).
E do 26 ao 29 de xullo celebraranse os dous últimos cursos previstos, o titulado 'A muller e os fluxos migratorios en Galicia: educación e desenvolvemento social', da USC, que terá lugar no Auditorio municipal de Caldas de Reis (Pontevedra) e o curso da UDC 'Política social europea e inclusión social: os valores en tempos de crise', en Sada (A Coruña).
Más información, en la web
No hay comentarios:
Publicar un comentario